Mini novas Android: a malla da semana

Documentos de Google actualízase con unha interesante novidade.

g docs

O máis destacado desta actualización é que xa se nos permite interactuar coas suxerencias que un contacto nos fai sobre os nosos textos dende Android. Até o de agora está posibilidade só estába dispoñíbel na versión web.

Xa podemos editar documentos de Microsoft dende Dropbox.

dropbox office online

Dende xa mesmo, podemos abrir aos documentos de creados coa suite de Microsoft dende o propio Dropbox grazas a Office Online. Abrimos no navegador o documento que precisemos que teñamos gardado en Dropbox. Seremos redirixidos a Word Online (se é un .docx), onde podemos editar o documento e todos eses cambios serán gardados automaticamente en Dropbox. Cómodo, non?

Ollo: nas nosas probas, só nos funcionou con extensións .docx non coas .doc.

O Moto 360 de rebaixas só nos Estados Unidos.

moto 360 - 3

Google rebaixou esta semana os modelos de entrada (os de coiro, non os métalicos, os que manteñen o seu prezo) até os 165$. Dende logo este é un prezo moi atractivo pero o problema para nós é que esta boa oferta só é para os EUA.

Farán algo parecido noutros mercados?.

Whatsapp xa ten Material Design

whatsapp

Esta semana filtrouse o apk co que o noso Whatsapp actualizarase a Material Design, seguindo a liña de deseño marcada por Google co lanzamento de Lollipop. Polo de agora non o podemos descargar dende a Play Store, pero si podemos instalar o apk descargándoo da web ofical e instalar a man. Esta é a ligazón para a súa descarga.

Find my phone xa se pode usar en España.

FindMyPhone_1024x512 (1)

Con este sinxelo comando introducido no noso navegador Chrome, poderemos buscar o no terminal Android. Ao introcudir este comando veremos nun mapa a localización do noso smartphone ademáis te contar cun botón para facelo soar e así atopalo con máis facilidade se o perdemos, coma sempre, no sofá da casa 😉

Para desfrutar desta funcionalidade precisamos dúas cousas:

  1. Ter Google Search actualizado no nosos terminal.
  2. Ter Chrome en inglés.

Deixa un Comentario