Time Pirates, un divertido xogo de piratas

Nesta ocasión queremos falarvos de Time Pirates un divertido xogo co que pasar o noso tempo de ocio. O xogo proponnos meternos no papel duns piratas que chega á costa e ten que acabar co exército do rei e as súas construcións.

time pirates 02

Como o facemos? Sinxelo. Comezamos tendo unha balsa e estamos armados cun canón que temos que disparar até en 3 ocasións. Podemos darlle máis ou menos forza ao disparo para que a bola chegue á distancia que precisamos. Para estes tres disparos contamos con diferentes tipos munición:

  1. Disparo triple: ao saír do canón, a bola dividise en 3 para facer máis dano.
  2. Disparo que estoupa: a bola cando impacta no obxectivo, estoupa para acadar maior destrución.
  3. Disparo sinxelo.

A medida que pasemos fases iremos acadando recompensas coas que conseguir víveres ou mellores barcos, entre outras cousas. Ademáis o xogo ten unha particularidade: pódese viaxar no tempo!. Deste xeito podemos deixar de pelexar contra o exército do rei e pasar a enfrontarnos ao romanos ou aos mesmos nazis no espazo e sen gravidade.

Pensamos que pode resultar un xogo entretido para grandes e cativos que foi desenvolto por unha equipa de Ourense chamadas Meigalabs. Nesta ligazón podesdes atopar Time Pirates para descargar de balde na Play Store.

Sobre o autor

Reply