Nuzzel, a sustituta dos lectores rss?

Nestas datas estase moito a falar dunha aplicación que acaba de chegar a Android. Esta aplicación chámase Nuzzel.

Esta app permítenos ver as novas que comparten os nosos contactos de Facebook e Twitter dun xeito ordenado. Todas estas novas podemos organizalas por horas ou datas concretas ou unha listaxe na que aparezan todas, desde as máis ás menos recentes.

nuzzel 02

Un punto relaciona con este que nos gustou moito foi a posibilidade de filtrar por contacto, e así ver o que todo o que compartiu ese contacto.

nuzze 05

Unha vez que temos o timeline de novas cando vemos unha do noso interese só temos que pinchar sobre ela para poder lela ao completo, pois no timeline só temos unha pequena introducción. Na versión completa gustounos moito a posibilidade de ler a nova en modo texto ou web, para aforrar datos sen renunciar a ler esa nova que nos interesa.

nuzzel 03

Nuzzel ten unha parte moi social como non pode ser doutro xeito e cada nova ten unha opción para compartir en todo tipo de redes socias, enviar por email, gardar en pocket, subir á nube,… Ademáis cada nova ven coa foto do contacto que a compartiu na rede social que temos activada en Nuzzel.

nuzzel 04

En certo modo esta aplicación é un posibel sustituto de calquera lector de feeds actual pois ao seguir a un blogue por exemplo nunha rede social, de xeito autonomatico e grazas a Nuzzel poderemos ver o contido que comparten sen necesidade de incluilo a man, como pasa nos lectores de rss.

En resumo pensamos que Nuzzel pode ser unha aplicación a ter en conta polo usuarios de lectores de feeds, e probala para darlle unha oportunidade alo menos. Podemos descargar de balde Nuzzel nesta ligazón á Google Play.

Sobre o autor

Reply