Hello, o novo marcador de teléfono de Facebook

Tras o fracaso de Facebook Home, o launcher baseado en Facebook para Android, a compañía da rede social botou tempo centrándose unicamente na aplicación principal e en Messenger, adicada á comunicación e unha das ferramentas de mensaxería instantánea máis empregadas.

facebook hello

Agora pretende ir un paso máis aló coa súa nova aplicación, Hello, un marcador de teléfono que aspiran a que empreguemos en sustitución do principal, facebookeando as nosas comunicacións e facilitando as cousas á hora de facer chamadas gratuítas baixo a rede WiFi. Tamén se integra bastante ben con Messenger, de tal xeito que se perdemos unha chamada poderemos mandar unha mensaxe gratuíta con esta segunda aplicación.

hello facebook 2

Tres son as principais opcións que permite Hello. A primeira delas é a autentificación da persoa chamante, ofrecéndonos información de quen é dacordo ao contido da rede social e dando outros datos de “utilidade”, como avisando de que está de cumpreanos, por exemplo. Doutra banda, permite bloquear chamadas de números que non desexamos e acceder a información de locais facilmente desde o buscador.

Hello é unha aplicación gratuíta que xa está dispoñíbel na Play Store, aínda que polo de agora con limitación xeográfica.

[Actualización] Instala xa Hello manualmente co ficheiro apk dispoñíbel nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply