HTC anuncia o HTC One M8S

htc one m8s

Curiosa estratexia comercial a de HTC. Co One (M9) recentemente presentado veñen de anunciar o lanzamento dunha versión secundaria do buque insignia do 2014, o HTC One (M8). Falamos do Novo HTC One M8S, que trebello que chegará ao noso país o 1 de maio a través da operadora Vodafone.

O HTC One (M8) incorpora unha pantalla de 5 polgadas con resolución 1920 x 1080p, e no seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 8 núcleos a 1,7 GHz e 64 bits. Ten 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámaras de 13 e 5 megapíxeles e batería de 2840 mAh.

A verdade é que resulta ser unha aposta un tanto curiosa, xa que é moi semellante ao modelo orixinal, tanto esteticamente como por algunhas das súas prestacións. As maiores diferenzas están na cámara, onde decidiron apostar por un sensor de 13 megapíxeles no canto da cámara de ultrapíxeles, e na batería, aumentando 240 mAh extra.

En canto a software, chega con Android 5.0 Lollipop e a interface HTC Sense 6 por riba, a mesma que incorpora o actual terminal de referencia da compañía, o M9.

Sobre o autor

Reply