Xiaomi Mi4i unha nova opción na gama media

Acabamos de coñecer o novo membro da familia Xiaomi, o Mi4i que é un terminal que chega para axitar a gama media.

xiaomi mi4i 02

Estamos diante dun terminal unibody feito en plástico do que podemos destacar as seguintes características:

  • Pantalla de 5 polgadas IPS LCD Full HD (1080p) e 441 ppp.
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 615 octa-core, catro núcleos a 1,7 Ghz e catro a 1,1 Ghz.
  • Cámara frontal de 13 megapíxeles con apertura f/2.0. Sensor CMOS Sony/Samsung. Frontal de cinco megapíxeles, apertura de f/1.8 e 80 graos de amplitud.
  • RAM: 2GB LPDDR3
  • ROM: 16GB.
  • Miui 6, baseado en Android Lollipop.
  • Batería de 3210 mAh.
  • Dual-SIM.
  • Peso: 130 gramos.

Dicimos que vai axitar a gama media pois o prezo de saída do Xiaomi Mi4i son 191€ e chega para rivalizar directamente co Moto G de segunda xeneración. Para poñer en apuros á súa competencia será preciso un bo sistema de distribución punto no que Xiamoi debe mellorar.

Nós temos moita confianza nesta marca e estamos seguros que nos vindeiros anos, cando rematen os seus plans de expansión, serán un referente no sector.

Polo de agora só se venderá na China e outros países asiáticos e non chegará polas canles oficiais ao noso país, pero de seguro non tardará en aparecer en diferentes portais online como ven sendo habitual coas novidades que chegan da China.

Deixa un Comentario