Asus VivoWatch o smartwatch de Asus con 10 días de autonomía

 

Xa temos con nós o VivoWatch, o reloxo intelixente de Asus que destaca tanto polo seu deseño redondeado e resistencia ao pó e á auga como pola impresionante autonomía: ¡10 días!

Debemos destacar que a pantalla de resolución 128×128, ven protexida con Gorilla Glass 3. Conta ademáis con acelerómetro de tres eixos, sensor óptico para medir a frecuencia cardiaca con tecnoloxía VivoPulse, sensor UV e bluetooth 4.0. O peso deste smartwatch queda nos 50 gramos.

vivowatch 02

O VivoWatch é o reloxo axeitado para monitorizar tanto a nosa actividade diaria como o sono para ver como é a calidade do noso descanso e das costumes diarias, mediante a sincronización co noso móbil Android con aplicacións de Asus como son ASUS HiVivo que atopamos na Play Store ou a web ASUS Healthcare onde crear e acceder a un completo historial dos nosos hábitos.

A única incógnita ven da man do seu sistema operativo que é propietario especialmente optimizado para acadar a súa sorprendente autonomía pero que nos deixa dúbidas sobre as funcionalidades tan limitadas que ofrece. Esta eiva fará que o público obxectivo sexa moi concreto: usuarias preocupadas pola saúde.

O VivoWatch sairá ao mercado no mes de maio por un prezo de 149 euros. Interesante non?

Sobre o autor

Reply