Demostra o que sabes de fútbol con Desafío Maldini

DesMal1

A empresa salmantina Undanet traenos a opción de demostrar canto sabemos no mundo do fútbol coa app de Desafío Maldini, como ven indica o seu nome, Maldini, será o encargado de facernos preguntas para demostrar canto sabemos do mundo do fútbol.

DesMal4

Desafío Maldini é unha app de retos multixogador coa que podes competir contra os teus amigos ou xogar contra outra xente aleatoriamente. Cada reto componse de 5 preguntas nas que atoparemos 4 respostas e teremos que contestar no menor tempo posible. En función dos puntos acadados gañarás ou perderás a partida dependendo da puntuación acadada polo teu rival.

DesMal6

Cada xogador ten a opción de personalizar o aspecto elixindo cores ou logotipos que o identificarán fronte a outros xogadores. Unha vez que se rexistra e ten o seu avatar listo, o xogador só terá que seleccionar o seu rival ben mediante as rede social Facebook ou através da propia app de modo aleatorio e así poñer a proba os seus coñecementos.

DesMal5

“A mecánica é sinxela e rápida” engade Maldini “porque queremos que a xente se concentre en contestar as preguntas, algunhas ben complexas, e en divertirse retando a outros. É un puro pique contra ti mesmo e contra outros, porque ó fin e ó cabo, o fútbol é competición e todos xogamos por algo”.

DesMal3

As preguntas abarcan diversos temas dende fútbol mundial, a liga española ou a selección nacional. Nesta app Maldini tamén nos deixará algunha que outra pregunta por voz, as cales soen ter unha puntuación máis elevada no caso de acertalas.

DesMal7

Se sodes fieis seguidores de Maldini ou amantes do fútbol non dubidedes en probar este xogo. Demostra os teus coñecementos dende o teu smartphone.

Está dispoñible en Google Play de forma gratuita aínda que tamén ten compras integradas ou versión premium.

Google PlayDesafío Maldini

Sobre o autor

Reply