Xa podemos mercar o Nexus Player e o Watch Urbane no noso país

Por fin temos á venta desde a Google Store do noso país dous novos productos: o Nexus Player e o LG Watch Urbane.

Nexus Player

O novo reproductor fabricado por Asus do que vos falamos polo miúdo cando o presentaron, xa está na Play Store por un prezo de 99€.

asus player 02

Con este reproductor poderemos desfrutar dun xeito máis completo de AndroidTV na nosa televisión, pois este reproductor ven acompañado dun control remoto e proximamente teremos tamén un mando para xogos. Iso sí o mando para xogos teremos que mercalo a parte.

Esta é a ligazón no que o podedes atopar.

LG Watch Urbane

O outro dispositvo dispoñíbel desde hoxe na tenda de Google é o último reloxo de LG, o Watch Urbane presentado no MWC2015.

watch urbane 04

Podémolo atopar en dúas cores, ouro e prata pero polo de agora só podemos mercalo en prata. O prezo é de 349€. Nesta ligazón podedes mercar este smartwatch.

Bonus: Moto 360 rebaixado 50€

rebaixa moto360

Tamén atopámonos cunha rebaixa significativa do prezo do Moto 360, facendo que este smartwacht sexa un pouco máis interesante para as usuarias. Desde hoxe mesmo podemos mercar o este reloxo intelixente por só 199€ mercándoo na Google Store.

Sobre o autor

Reply