A evolución da familia LG G

lg g4 08

Onte tivemos a oportunidade de estar en Londres na presentación do último membro da familia G, o LG G4. Xa vos achegamos neste artigo as caraterísticas deste terminal máis polo miúdo.

Logo desta presentación pensamos que é preciso un repaso por toda a familia, dende o primeiro lanzamento. Debemos darlle a importancia que se merece o primeiro modelo, o LG Optimus G, pois a empresa coreana viña dunha etapa pouco exitosa e levaba tempo sen atopar o terminal que conquistara ás usuarias. O Optimus G foi un bo terminial que sirveu para que LG volvera a ser unha marca de referencia para as consumidoras.

LG-G2-VISTA-FRONTAL-Y-TARSE

O éxito rotundo chegou co LG G2 que foi un éxito de ventas e consagrou a LG na gama alta. Sen ser un terminal con acabados premium, sí era un móbil cun bo rendemento e ademáis introduciron unha funcionalidade que para moitas de nós é imprescindíbel: o bloqueo e desbloqueo con dous toques na pantalla.

No apartado do deseño tamén marcou un antes e un despois no xeito de entender a fabricación. LG pensou que a colocación na parte posterior do terminal dos botóns físicos era o lugar máis axeitado, conseguindo facer terminais compactos en relación ao tamaño de pantalla; quitando os botóns dos laterais ou da parte inferior, conseguen reducir moitos os marcos ao redor da pantalla. Este tipo de construción mantense tanto no G3 coma no G4.

A continuación deixámosvos unha táboa comparativa destes 4 terminais, para que sexa máis doado ver a evolución da familia G:

LG Optimus G LG Optimus G mini LG G2 lg g2 mini LG G3 lg g3 mini LG G4 lg g4 mini
Pantalla 4,7″ TrueHD IPS 5,2″ TrueHD IPS 5,5″ TrueHD IPS 5,5″ IPS Quantum Display
Resolución / ppi 1280 x 768 / 318 1280 x 1080 / 424 1440 x 2560 / 538 1440 x 2560 / 538
Procesador Snapdragon S4 Pro a 1,5 GHz (quadcore) Snapdragon 800 a 2,26 GHz (quadcore) Snapdragon 801 a 2,5 GHz (quadcore) Snapdragon 808 a 1,8 GHZ (hexacore ) e 64 bits
RAM 2 GB 2 GB 2 GB 3 GB
Memoria 32 GB 16 GB 16 GB 32 GB
Cámaras 1,3 mpx / 13 mpx e apertura máxima de f/2.4 2,1 mpx / 13 mpx e apertura máxima de f/2.4 2,1 mpx / 13 mpx e apertura máxima de f/2.4 8 mpx / 16 mpx e apertura máxima de f/1.8
Batería 2100 mAh 3000 mAh 3000 mAh 3000 mAh
Dimensións 131,9 x 68,9 x 8,5 138,5 x 70,9 x 8,9 146,3 x 74,6 x 8,9 149.1 x 75.3 x 8.9
Peso 145 gr 143 gr 151 gr 155 gr

Só LG deu un pasiño atrás co G3 en canto á duración da batería. O G2 destacaba neste aspecto, pero coa incorporación da pantalla QuadHD no G3, a autonomía veuse reducida algo que non gustou a moitos. Por sorte co lanzamento do G4 semella que amañaron este problema, pois gasta un 11% menos de batería e envía notificacións para pechar por completo esas aplicacións que chuchan batería, máis agardaremos a probar unha unidade o antes posíbel e confirmar este punto.

lg g4 09

Polo demáis o LG G4 destaca tanto na cámara (f1.8 que permite a entrada dun 80% máis de luz, enfoque máis rápido do mercado,..) como na calidade da súa pantallas, sendo quen de pelexar cos mellores terminais do ano.

About The Author

Reply