Recibe as túas notificación no pc con Pushbullet

pushbullet 03

Estes días estivemos probando Pushbullet, unha app que leva tempo con nós e coa que podemos recibir as notificacións que chegan ao noso smartphone no escritorio do pc e mesmo responder dende o escritorio, sen necesidade de usar o móbil.

A configuración deste aplicación é moi sinxela. Dunha banda, temos que instalar nos nosos Android a aplicación descargándoa da Play Store. E por outra descargar a extensión de Pushbullet para o noso navegador (probamos en Firefox e Chrome) e logo de loguearnos só temos que comezar a usar a app.

Non nos temos que preocupar de facer configuracións extra, pois Pushbullet bebe das aplicacións instaladas no móbil e con notificacións activas. Probamos sen problemas a recibir notificacións de Facebook, gmail, Instragram, Whatsapp e Hangouts.

Deixámosvos algunhas capturas:

pushbullet 02

pushbullet 01

Só lle atopamos un pequeno problema a esta aplicación. Cando recibimos varios whatsapp dun mesmo contacto ou de conversas diferenes, Pushbullet perde a opción de responder dende o escritorio.

Podemos descargar de balde Pushbullet nesta ligazón á Play Store, estoutra para a extensión en Chrome e nesta web podedes loguearvos.

Deixa un Comentario