Xa podemos mercar o Huawei P8 Lite desde 144 euros

huawei p8 lite

Huawei vén de anunciar a dispoñibilidade no noso país do Huawei P8 Lite, un disposivo inspirado no seu buque insignia actual, o Huawei P8, pero con características máis modestas e un prezo máis accesíbel.

Ten un grosor de apenas 7,7 milímetros e dispón dunha pantalla IPS HD de 5 polgadas con resolución 720p. No seu interior integra un procesador Kirin 620, de 1,2 GHz e arquitectura 64 bits. A RAM é de 2 GB e a memoria interna de 16 GB, pero pode ser ampliada con microSD de até 128 GB.

No apartado fotográfico, a cámara principal é de 13 megapíxeles e f/2.0. As lentes son de 7 e 28 mm, para conseguir un modo gran angular. A dianteira dispón doutro sensor de 13 megapíxeles, cunha angular de 22 mm e un ángulo de visión de 88 graos.

O Huawei P8 Lite ponse á venda hoxe por 269 euros no mercado libre, aínda que tamén nos podemos facer con el a través de Orange por 6 euros ao mes durante 2 anos (144 euros) coas tarifas Canguro sen límite, Delfín e Ballena. Ademais, a compañía laranxa regalará a aquela xente que proceda dunha portabilidade ou actualice a tarifa un Car WiFi, mentres que o resto de clientes recibirá un powerbank de 5000 mAh.

Sobre o autor

Reply