Orange reduce de 32 a 16 kbps a velocidade tras superar a tarifa de datos

orange

Semella que as épocas de ir aumentando servizos sen subir o prezo son cousas do pasado. Nos últimos meses os peores presaxios fóronse cumprindo e moitas operadoras, con rede e sen ela, empeoraron as condicións: comezaron a cobrar cousas que regalaban, encareceron os prezos, eliminaron bonos de datos sen voz incluídos ou reduciron a velocidade tras ter superado o bono de datos a cifras ridículas, para obrigar ás usuarias a pagar de máis.

Unha delas é Orange, de quen vimos de saber que reducirá os xa irrisorios 32 kbps a uns inútiles 16 kbps a velocidade de conexión tras superar o límite de datos. Para seguir navegando a máxima velocidade as clientas deberán pagar a razón de 1 € por cada 100 MB.

As cousas se complican para as usuarias que máis dependen dos datos e non queren pagar por servizos que non usan nin ver como as operadoras abusan das necesidades das usuarias. Por sorte aínda hai algunha esperanza con propostas razoábeis como a Tarifa Sinfín de Yoigo, que por 29 €/mes achega 20 GB de datos e chamadas ilimitadas.

Sobre o autor

Reply