Mininovas Android: a malla da semana

Xa podemos elixir que apps instalar dende a copia de seguridade de Google

Backup Android

Dende Lollipop, Google xa permite elixir que app restaurar unha vez que cambiemos a rom do noso dispositivo ou fagamos un reseteo de fábrica,… Até o de agora só podiamos restaurar todas as apps das que fixeramos copia de seguridade pero xa non é así.

Pouco a pouco, Google vai implementando novas opcións á súa copia de seguridade facéndoa máis útil para as usuarias.

HTC segue sen mellorar as súas cifras

logo htc

Esta semana coñecemos os datos de HTC do mes de abril e colocan a empresa nunha situación comprometida. Dicimos isto pois HTC presentou os peores resultados de ventas nun mes de abril, dos últimos 6 anos. Nin o M9 conseguiu amañar esta desfeita, pois semella que só é un terminal bonito sen a confiaza das consumidoras.

Facebook podería estar preparando un acordo con Nokia

facebook here maps

As bases deste acordo pasan pola intención de que o servizo Here Maps de Nokia pase a estar predeterminado nas apps de Facebook: Instagram e Messenger en detrimento dos servizos de xeolocalización de Google.

Este paso non resulta raro, pois Here xa é o servizo predeterminado na versión móbil de Facebook.

Android M durante el Google I/O 2015?

Android M

Todo apunta para que durante o I/O de finais de mes darase a coñecer as novidades que podería aportar a seguinte versión de Android, “Android M”. A estas horas xa non está dispoñíbel, pero como vedes na imaxe que ilustra a nova, na web do evento colouse unha referencia á nova versión do sistema operativo. Sexa como fora, na derradeira semana do mes sairemos de dúbidas.

O Galaxy S6 monta 2 sensores diferentes

logotipo samsung

Esta semana, grazas a unha usuaria de XDA-developers, enterámonos de que Samsung monta aleatoriamente dous sensores diferentes na cámara do S6. Estas dúas opcións son o ISOCELL de fabricación propia, e o IMX240 de Sony. Sorprende aínda máis esta situación pois Samsung anunciaba que deixaría de montar o ISOCELL neste S6, pero non é así.

De calquera xeito os resultados con calquera dos dous sensores son bos, como xa se encargaron de demostrar dende SamMobile.

Pete Lau, confirma parte do hardware do One Plus “Two”

OnePlus

Estes días o Ceo e fundador de One Plus, Pete Lau, confirmou que a seguinte xeneración do One Plus One, levará no seu interior o Snapdragon 810 de Qualcomm, un controvertido procesador chamado a estar presenta na gama alta do 2015 e non foi así pos supostos problemas de quencemento que derivaban en problemas de rendemento. Lembremos que estamos diante dun procesador octacore de 64 bits e LTE cat. 6, preparado para mover sen problemas resolucións 4K.

Nintendo prepara 5 xogoros para móbiles

nintendo android

Logo a atravesar unha complicada situación económica, semella que comezan a levantar cabeza e por fin teñen beneficios logo de 4 anos sen facelo. Ante esta mellora na súa situación económica veñen de anunciar que están preparando 5 títulos que comezarán a sair ao mercado final deste ano e até o 2017.

Polo de agora non se sabe moito máis pero é unha boa nova para as usuarias máis gamers.

Deixa un Comentario