Fai encargas en menos dunha hora grazas a Glovo

glovo 01

Vimos de coñecer unha app que no axudará co noso día a día dentro da cidade. Estamos a falar de Glovo unha aplicación moi nova que polo de agora só está dispoñíbel en Barcelona. Malia non poder usala no noso país, queremos falarvos dela polo novidoso do servizo que nos ofrece.

Se temos que envíar, recoller ou facer unha compra, para isto está Glovo. Só temos e acceder a aplicación e solicitarlle a un glover que recolla ou envíe o que precisamos e en menos dunha hora teremos a tarefa realizada.

glovo 02

Cada encarga ten un custo de 5,50€ e se o pedido ten que pasar por máis de dúas direccións, é dicir, se por exemplo temos que recoller dous paquetes na dirección A e deixar un na dirección B e outro na dirección C, de a A a B serían eses 5,50€ e levalo até C serían 2,50€ máis. Moi razonábel, non?

glovo 03

O sistema está baseado nunha equipa de glovers, que non son máis que as persoas que están ao outro lado da app agardando polas nosas peticións, que se desprazan principalmente en moto, bici e mesmo patíns para moverse rápido pola cidade e cumprir ese prazo de entraga tan curto.

O certo é que a nós pareceunos un sistema interesante que pode axudarnos moito no noso día a día e agardamos que pouco a pouco se vaia extendendo a máis cidades ou se replique o modelo por outras empresas.

Se nos ledes dende Barcelona ou tedes curiosidade por ver como é Glovo, podedes descargala dende esta ligazón á Google Play. É de balde.

Deixa un Comentario