R encarece as tarifas de móbil a cambio de pequenas melloras, pero sen novas do 4G

mobilR

Hoxe recibimos a confirmación sobre os cambios que se van producir a partires do 20 de xuño nas tarifas de R. Estes cambios implican subas de prezo obrigatorias, aínda que a cambio de mellorar o servizo (só faltaba).

As tarifas móbiles que poderemos contratar desde agora son as seguintes

01

Como vemos, temos 4 tarifas planas, unha que inclúe 150 minutos e 1giga por 12 euros/mes e outra na que pagamos cada minuto consumido a 1 céntimo minuto e 500 megas por 7 euros/mes. Pensamos que con estas tarifas as esquecidas de sempre son as usuarias cun alto consumo de datos e que consumen poucos minutos. Nada novo por outra banda.

Ademáis ollo á letra pequena, as chamadas non son realmente ilimitadas xa que o límite está fixado en 60 min por chamada. Unha vez pasados estes 60 minutos, o prezo do minuto dispárase aos 19 céntimos.

Por se isto non é abondo, si ou si, o resto de tarifas que poidamos ter contratadas pasan a estar descatalogadas e, dun xeito unilateral serán actualizadas do seguinte xeito:

03

04

Este paso é totalmente novidoso na historia da compañía que até o de agora sempre respetaba ás usuarias que decidian non actualizar a tarifa que tiñan contratada.

Os combos tamén sofren modificacións e veremos como suben 2 euros ao mes do seguinte xeito:

05

Se estamos pensado e contratar un ou temos un antigo, será mellor actualizalo e teremos as seguintes opcións:

02

Ademáis os combos podemos completalos con dúas opcións de televisión: TV Total e TV Familia.

Estas son as principais novidades que farán que teñamos que rascar un pouco máis o peto, máis non remataron, pois tamén poderemos desfrutar dun novo wificlientesR que mellora as prestación do anterior servizo tanto en calidade coma en facilidade de uso creando a maior rede wifi da Galiza con máis de 50000 puntos de acceso.

Por certo, do 4G seguimos sen novas.

NOTA: Temos confirmación oficial de que existe un erro na táboa de equivalencias. As tarifas que pasan á Plana 12, levan incluídos 150 minutos e non minutos ilimitados, coma vos contabamos.

Sobre o autor

Reply