Telefónica completa o despregamento de 4G en Ferrol

movistar 4g

Movistar vén de completar o despregamento da súa rede 4G en Ferrol tras varios meses de traballo nos que se actualizaron 11 das estacións base urbanas que até o de agora traballaban con redes 2G e 3G, o que permite ás clientas da compañía navegar a velocidades duns 100 megas.

Ao tempo, a compañía conectou estas estacións á rede de fibra óptica, mellorando así o servizo de transmisión de datos, debido á maior escalabilidade do medio de transporte, o cal permite ampliar a capacidade ou tráfico de datos cursado en situacións de alta demanda.

Sobre o autor

Reply