Os Oppo Find 5, Oppo N1 e Oppo R819 non recibirán Android 5.0

oppo-mirror-7

Os usuarios sempre estamos pendentes se os nosos terminais van a ter a última actualización que hai no mercado ou non. Estos días, a compañía Oppo ven de confirmar o fin das actualizacións oficiais para tres dos seus terminais, neste caso son Oppo Find 5, Oppo N1 e Oppo R819, que se quedarán así en Android 4.4 KitKat.

Oppo xa tivera algún que outro retraso nas actualizacións de software, e polo que sabemos non é a primeira vez que deixa un terminal sen soporte, polo que non é de sorprender que deixe a estos tres terminais sen desenvolvemento, tendo en conta que son dispositivos de 2013.

Así que, se tedes en mente mercar un terminal desta compañía tede en conta que é moi probable que non teñades máis de unha versión de Android, polo menos de forma oficial.

Oppo é das poucas compañías chinesas que venden de forma oficial en Europa.

Deixa un Comentario