Layout, a nova app de Instagram xa dispoñíbel en Android

Dende xa mesmo, podemos descargar Layout a app de Instagram coa que poderemos facer divertidas composicións coas nosas fotos para compartir nas nosas redes sociais.

layout 01

O funcionamento desta app é sinxelo. Ao abrila, accedemos á nosa listaxe de fotos e eliximos aquelas coas que queremos facer a composición até un máximo de 9. Logo, de xeito automático os modelos de collages propostas aparecerán na parte superior da pantalla, elixindo a que máis nos guste.

layout 02

Neste punto, aceptamos e xa temos a nosa composición feita que poderemos axustar aínda máis antes de gardar. Unha vez gardada, poderemos compartir do xeito habitual: Instagram, Twitter, Gmail,…

layout 03

Se vos gusta a aplicación, podedes descargala de balde nesta ligazón á Play Store.

Sobre o autor

No Responses

Reply