Mininovas Andriod: a malla da semana

Vodafone xa ofrece 300 Mbps de fibra

vodafone

Dende o mes de xullo, poderemos contratar esta nova velocidade de descarga que ven de anunciar Vodafone esta semana. A velocidade de subida quedará nos 30 Mbps. A boa nova é que os actuais clientes Vodafone One 200 verán mellorada a súa velocidade contratada dun xeito automático.

Vodafone xunto con Movistar son as dúas primeiras operadoras en ofrecer esta velocidade.

Orange dá por rematado o seu programa de puntos

orange

Logo de que Movistar e Vodafone anunciaran que anulaban os seus programas de puntos, só quedaba Orange por facer o mesmo. Si, é o de sempre: un da un paso na dirección que sexa os outros dous replícano antes ou despois.

Estes programas de puntos foron moi importantes hai uns anos para aforrar no prezo final do noso novo móbil. Hoxe en día, coa reducción ao mínimo das subvencións, este uso para o programas de puntos viu reducida a súa importancia para as usuarias. Agora ben, os puntos poden ser empregados para reducir o custo de outro tipo de servizos como fai a cableira galega R; podemos acceder a películas gratis, podemos desfrutar de aumentos de velocidades durante un periodo de tempo determinado,… Non todo pasa por canxar os puntos por terminais.

Xa podemos facer videochamadas dende Facebook Messenger

fb messenger

Desda xa mesmo podemos facer este tipo de chamadas dende a app de Facebook Messenger. Só precisamos ter a última actualización da aplicacións instalada e logo premer no botón da cámara situado na parte superior. Ollo non confundir co botón de sempre da cámara de fotos da parte inferior.

Mediatek apunta á carga rápida

mediatek mwc15

Case cada semana temos un novo capítulo da guerra entre Mediatek e Qualcomm. Desta volta saen rumores sobre a posibilidade de que os terminais que saian ao mercado con procesadores Mediatek poderán tamén desfrutar da carga rápida, algo de agradacer hoxe en día.

Aínda non temos confirmación oficia, pero semella que Mediatek está traballando arreo no seu propio standard de carga rápida.

China investirá uns 182 millóns de euros para desenvolver a súa rede móbil e de fibra óptica

fibraoptica

Esta inversión será de gran importancia para a segunda economía do mundo que polo de agora só está no posto 82 de velocidade de conexión media á rede. O obxectivo é acelerar a propagación das redes de fibra óptica así como a aumentar a velocidade da redes 4G.

Os tres operadores do estado tamén se apuntaron a esta iniciativa e tanto China Mobile, China Unicom (Hong Kong) coma China Telecom teñen a intención de baixar os prezos dos datos móbiles sen deixar de mellorar a súa velocidade para favorecer a migración masiva dos clientes a contratos de 4G máis lucrativos.

Sobre o autor

Reply