Segue as eleccións municipais con estas dúas aplicacións

Mañá celébranse as eleccións municipais e, nalgunhas comunidades do Estado, tamén as autonómicas. Por vez primeira dispomos dunha aplicación oficial do Ministerio de Interior que nos permite seguir a xornada desde o noso Android, aínda que atopamos outra non oficial máis sinxela que tamén cumpre co seu cometido.

municipais 2015 oficial

A oficial chámase Elecciones Locales 2015 (descargábel desde a Play Store) e permite coñecer os resultados en tempo real (tanto o reconto como a apertura e participación ás distintas horas), segregando por varios níveis: estatal, comunidade, provincia, municipio e, nalgunhas cidades, tamén por distritos.

O mellor de todo é que conta cunha función “favoritos” que nos permite ter gardadas aquelas buscas que nos interesen para acceder aos resultados das mesmas de xeito moito máis doado.

munis

A outra opción que nos pareceu moi interesante é Elecciones 2015 (descargábel desde a Play Store), moito máis sinxela, xa que só teremos que introducir o nome do noso concello (ou o que queiramos consultar) para ver os resultados en tempo real, podendo comparalos cos obtidos no 2015.

Calquera das dúas apps son boas opcións para coñecer antes ca ninguén o resultado destas eleccións. Coñecedes algunha outra?

Deixa un Comentario