Brillo, o novo sistema operativo de Google para entrar na “Internet das cousas”

brillo

Vemos cada día como calquera trebello da nosa contorna, dun xeito ou de outro está sendo adaptado para darlle novos usos conectándoo á rede. Vendo esta realidade, as grandes empresas tecnóloxicas non se queren quedar atrás e por isto saiu con forza a posibilidade de que Google está traballando nun sistema operativo dirixido á “Internet das cousas” chamado Brillo.

Brillo estaría baseado en Android e Google pretende que sexa o sistema operativo elixido polos fabricantes de calquera tipo de aparellos para que estes poidan conectarse á rede, como está sendo tendencia. Todo apunta a que se trata dun sistema operativo moi lixeiro que sería quen de traballar con 32 ou 64 de memoria RAM.

Cal é a razón de facer que se precise tan pouca RAM? Unha lavadora, un forno,… son aparellos grandes que non tería problemas de espazo. Esta é a clave: o espazo. Google pretende facer intelixentes cousas de reducido tamaño e así crear bombillas e mesmo pechaduras intelixentes, así como calquera cousa que se nos pase pola imaxinación.

Estamos ás portas dúnha nova edición do I/O e agardamos que sexa neste evento no que Google aporte máis información sobre o proxecto.

Deixa un Comentario