Analizamos o Honor 4X

Estivemos probando estes días o Honor 4X, un gama media da empresa chinesa Huawei que foi presentado en outubro de 2014.

honor 4x 09

Deseño e especificacións

Estamos diante dun terminal grande, 5,5″ de diagonal que fai que as súas dimensión sexan 152.9 x 77.2 x 8.7 mm e 165gr de peso. Debido ao seu tamaño, pensamos que a colocacións dos botóns físicos é a axeitada; tanto o botón de encendido coma o de volume están no lateral dereito o que nos permite un acceso rápido é cómodo. O lateral esquerdo queda totalmente limpo. Na parte superior atopamos un dos micros e o conector mini jack e na parte inferior está o altofalante, conexión microUSB e o outro micro. O seu acabado é plástico.

honor 4x 08

Temos que destacar que para acceder tanto aos slots para as dúas microSIM coma a microSD é preciso retirar a tapa posterior, o que non significa que a batería sexa extraíbel.

Para este Honor elixiron un procesador de construcción propia, o HiSilicon Kirin 620 que é un Octa-core a 1.2 GHz Cortex-A53 e está axudado polos 2 gigas de ram cos que conta este terminal. A memoria interna é de 8 gigas (con microSD até 32gigas). En canto á súa conectividade destacamos que un dos slot é 4G mentres que o outro só permite conexións 3G. Non temos NFC.

Pantalla, cámaras e multimedia

No apartado multimedia destacamos a súa pantalla de 5,5″ que malia verse ben e proporcionar unha calidade satisfactoria reproducindo vídeo en HD (até 720p) en determinadas situacións quédase curta, pero con diferenza o que menos nos gustou foi a resposta táctil da pantalla que, en ocasións, custáballe moito responder ás nosas ordes o que emborrona un pouco a experecia. Nada dramático, pero si algo a ter en conta.

No apartado da cámara destacamos o seu sensor principal de 13 mpx que cumpre ben en condicións de luz natural pero o que máis nos sorprendeu foi o seu comportamento en fotos nocturnas pola cidade. Estes son algúns exemplos.

A cámara frontal conta cun sensor de 5 mpx que tamén nos permite facer autofotos cunha calidade aceptábel. Iso si, non agardamenos unha lente con gran angular como pode ter a competencia.

Software

O Honor 4X saiu ao mercado con KitKat pero actualizarase a Lollipop. Por outra banda, como ven sendo habitual, a capa de personalización é Emotion 3.0 UI que ten como característica principal a ausenza de box de aplicacións polo que todas as aplicacións estarán dispostas polos diferentes escritorios o que fai que, de primeiras, precisemos bastante tempo para ordenar segundo as nosas preferencias, tanto as aplicacións preinstaladas coma as que descarguemos da Play Store.

Temén queremos destacar o esforzo posto no deseño da súa capa de personalización, que sen ser a capa que proporciona unha mellor usabilidade (aínda que isto é moi subxectivo) si ten aplicacións que entran polos ollos. Por exemplo, a app “Administración do teléfono” que vos amosamos a continuación, pensamos que foi ben deseñada e aporta valor.

honor 4x 03

Outra aplicación que nos gustou foi a de notificacións e accesos directos ás que accedemos cun só xesto, como vemos na seguinte captura.

honor 4x 05

Por contra, como xa vos sinalamos, para nos é un problema non contar con box de aplicacións pois implica un traballo extra para ter as aplicacións colocadas ao noso gusto.

Queremos facer fincapé, nunha app preinstalada neste terminal que nos gustou moito. Se estamos xustos de batería, dun xeito puntual non queremos que unha app este conectada á rede móbil,… podemos ir a esta aplicación que se chama Aplicacións de rede, que nos permite personalizar que apps consuman datos ou só esten operativas baixo redes wifi.

honor 4x 04

Conclusións

En resumo, estamos diante dun terminal equilibrado pero que o ten complicados na gama media que se move: non destaca excesivamente por nada, min para ben nin para mal. Teremos unha resposta satisfactoria no día a día, con lagueos puntuais, pero asumibeis para o tipo de consumidoras ás que vai dirixido este terminal.

Se estades interesados neste terminal, podedes atopalo en tendas online por un prezo aproximado de 200 euros.

Sobre o autor

Reply