Google anuncia o novo sistema de pagos Android Pay

Durante a súa conferencia no MWC, Sundar Pichai anunciou que axiña veríamos novidades no sistema de pagamentos de Google, algo que se vén de facer realidade con Android Pay, que vén a ser unha evolución do (non logrado) Google Wallet.

google pay

A idea de Android Pay é podermos empregar o noso smartphone para poder realizar pagamentos, coa posibilidade de integrarse tamén nas aplicacións de terceiros. É compatíbel ademais co sensor de pegada dixitais para podermos aceptar pagos cun simple xesto nos smartphones que xa dispoñen desta tecnoloxía, como o Samsung Galaxy S6 ou o Huawei Ascend Mate 7, entre outros.

Google pretende que os pagos poidan facerse cun xesto sinxelo pero ao tempo seguro, empregando tanto o NFC como o Host Card Emulation, que funciona como as tarxetas bancarias contactless. Para levar este proxecto a cabo contan co apoio de Mastercard e Visa e a colaboración de grandes cadeas nas que se podeerá pagar con este sistema nos próximos meses (aínda que só falan de USA).

Poderemos, por fin, usar o noso smartphone para facer compras como levan tantos anos prometéndonos?

No Responses

Deixa un Comentario