Google Photos, a nova app de fotos de Google con back up ilimitado

Había moitos rumores sobre a separación das fotografías de Google+, unha cuestión que se vén de confirmar no Google I/O co anuncio de Google Photos, a aplicación independente na que termos as nosas imaxes gardadas e organizadas.

Para facelo máis doado, Google Photos ofrécenos espazo no que gardar todas esas memorias en forma de fotografías e vídeo de forma privada, facendo back up delas na nube e téndoas sincronizadas en calquera dispositivo. Para iso ofrecen espazo ilimitado gratuíto mantendo a calidade e resolución até os 16 megapíxeles (fotos) ou 1080p (vídeos).

google photos

Google promete saber que foto queremos ver en cada momento, axudándonos na organización (por persoa, lugares ou cousas do noso interese), pero sempre mantendo a privacidade das mesmas. Ademais, permite facer edición para melloralas, así como crear películas ou collages.

google photos 2

De querermos compartir algunha imaxe, Google Photos permítenos facelo de xeito sinxelo, xa sexa a través de Hangouts, Twitter ou calquera outro servizo cun único link.

Google Photos xa está dispoñíbel , tanto en versión app como a través da web.

Sobre o autor

Reply