Inbox dispoñíbel para todas sen convite

Google presentou hai uns meses Inbox, unha nova forma de entender o correo electrónico. No seu momento fixemos un artigo comentando as súas vantaxes, que de seguro fan as delicias de moitas usuarias, aínda que foron moitas as que tras probalo decidiron volver a usar Gmail.

No I/O Google vén de anunciar que a fase de acceso con convite vén de rematar, polo que a partir de agora calquera usuaria poderá empregalo. Está dispoñíbel na súa versión web e a través da aplicación.

Deixa un Comentario