Google Maps offline punto a punto

O servixo de mapas de Google é do mellor que podemos atopar hoxe en día. Malia todo, aínda pode mellorar e así o fixo eses días no marco do Google I/O que se está a celebrar en San Francisco.

maps offline

A xente de Google actualizou este servizo permitindo a consulta do Maps dun xeito offline, é dicir, sen estar conectados á rede (móbil ou wifi). Ademáis de consultar información dunha rúa, tamén teremos á nosa disposición información relevante sobre tendas e comercios no que estamos interesados como pode ser o horario de apertura. Todo isto, offline por suposto.

Estas novas funcionalidades non estarán dispoñíbeis xa, se non que teremos que agardar aínda uns meses, pero si se lanzaran ao longo deste 2015.

Deixa un Comentario