Mininovas Android: a malla da semana

Samsung Galaxy S6 Edge edición limitada Iron Man

Samsung vén de pór á venda unha edición limitada do Galaxy S6 Edge Iron Man, cun fermosísimo acabado e que ademáis vén nun pack no que se inclúe tamén o cargador sen fíos “tuneado” e un protector para a capa traseira. Eis o vídeo do unboxing:

Periscope chega a Android

periscope

Twitter lanzou esta semana a versión Android de Periscope, a aplicación que permite retransmitir vídeo en directo, permitindo ás usuarias enviar mensaxes durante as emisións, que aparecen durante as secuencias. Os vídeos están dispoñíbeis para o seu visionado (ademais de en directo) nas seguintes 24 horas e o usuario pode elixir se a retransmisión é accesíbel a todos os seguidores ou limitar a un número determinado. Pódese descargar desde a Play Store.

Lenovo Cast, outro competidor para o Chromecast de Google

lenovo cast

Lenovo quere que os nosos televisores sigan a ter o protagonismo que merecen, polo que vén de anunciar que en agosto porán á venda o Lenovo Cast, un dispositivo que permite transmitir á nosa televisor contidos de forma inarámica desde os nosos smartphones, tablets ou ordenadores. Emprega tecnoloxías DNLA e Miracast, e o seu funcionamento é tan sinxelo como enchufalo á tele e vencellalo á rede WiFi.

 Yoigo retoca as súas tarifas de prepago

Yoigo vén de anunciar cambios nas súas tarifas de cartón prepago, co lanzamento dunha nova, a redución de prezo noutra e a eliminación da única que había sen datos incluídos:

amena prepago

  • La del Uno 1 GB: é a nova tarifa, que por 10 €/mes ofrece 1 GB de datos en 4G (logo reduce a 64 kbps) e 20 minutos para chamar a calquera número sen establecemento. A partir de aí, cobrarán as chaamdas a 1 cént/min cun establecemento de 18,1 céntimos
  • La del Uno 600 MB: a actual La del Uno 600 cambia de nome e baixa un céntimo a súa cota, quedando nos 7,25 €, ademais do prezo dos minutos (de 1,2 a 1 cént/min). O establecemento é de 18,1 céntimos.
  • La del cinco: desparece a única tarifa que non tiña cotas nin consumos mínimos con chamadas a 6,06 cént/min. A partir do 2 de xuño só poderán disfrutar dela os clientes que xa a tiveran contratada de antes.

Cortana, o asistente de Microsoft chegará a Android

cortana android

O asistente de voz de Microsoft, Cortana, estará dispoñíbel como aplicación en Android. Grazas a ela as usuarias poderemos acceder ás recomendacións do asistente, xestionar a axenda a través de recordatorios e realizar buscas.

Cepsa xa permite pagar desde o móbil

cepsa

O pagamento co móbil xa é unha realidade e só queda que as empresas adopten este novo método de pagamento.

Deste xeito, Cepsa xa permite, dende a app lanzada esta semana, seleccionar o surtidor e a cantidade que imos mercar. Unha vez feito isto, o surtidor queda desbloqueado 3 minutos para encher o depósito do noso coche. Unha vez feito isto, podemos pagar dende a propia app ou achegarnos ao mostrados para amosarlle un código QR e facer o pagamento dun xeito tradicional.

Dropbox recibe material design

dropbox

Esta semana coñecimos que xa temos para a descarga a app de Dropbox con material design, adaptándose deste xeito ao standard visual que presentou Googla canda a Lollipop.

Con este movemento un dos sercizos de almacenamento na nube más importantes, xa está ao día e moito mellor integrado nos nosos smartphones.

Sobre o autor

Reply