O OnePlus One 2 chegará no terceiro trimestre do ano

one plus one two concept

O OnePlus One foi todo un éxito de vendas, con preto dun millón de usuarias en todo o mundo e superando a previsión inicial da compañía, que contaba vender unhas 100.000 unidades. Iso levou a que houbese graves problemas cos envíos e un sistema de convites que deixaba bastante que desexar, algo que agardamos teñan solucionado co novo terminal da compañía, o OnePlus One 2.

O OnePlus One 2 vén de ser (tamén na súa denominación) confirmado por un dos cofundadores da compañía, quen asegurou que será presentado durante o terceiro trimestre do ano (é dicir, antes de que remate setembro) e que manterá a relación calidade – prezo do modelo orixinal.

Os rumores actuais sobre o OnePlus One 2 falan dunha pantalla LTPS LCD de 5,5 polgadas FullHD (1920 x 1080 píxeles), procesador SnapDragon octacore de 64 bits a 1,55 GHz, 3 GB de memoria RAM, opcións de 16 e 64 GB de almacenamento interno, cámaras de 16 e 5 megapíxeles, batería de 3300 mAh e Android 5.1 Lollipop como versión do sistema operativo.

Aínda que o modelo final pode sufrir algún que outro cambio, os datos dan unha idea de por onde irán os tiros.

Que vos parece?

Sobre o autor

No Responses

Reply