Asus presenta novos dispositivos, entre eles o novo ZenWatch 2

zenwatch-2

Este ano o Google I/O non deixou ningunha novidade hardware, mais Asus só tardou uns días en dar a coñecer aparellos de todo tipo aproveitando a celebración do Computex de Taipei. Concretamente, renova o seu catálogo tocando todas as bandas, con novas tablets, smartphone e reloxo Android Wear.

Asus ZenWatch 2

O primeiro de todo, e quizais o máis relevante, foi un novo modelo de reloxo intelixente, o Asus ZenWatch 2, que incorpora unha pantalla AMOLED con cristal 2.4D Gorilla Glass 3 e un procesador Qualcomm no seu interior.

zenwatch

É resistente á auga e ao pó segundo o estándar IP67 e está dispoñíbel en dous tamaños: 45 mm con correa de 18 mm ou 49 mm con correa de 22 mm. Así mesmo, xa de partida permite elixir a combinación que queiramos dacordo ao acabado e a correa elixida.

Novas tablets: ZenPad 8.0 Z380C e ZenPad S

No que ten a ver coas tablets, déronse a coñecer dous novos modelos, unha de gama entrada e outra que pretende competir na alta gama:

650_1200

A ZenPad 8.0 Z380C ten unha pantalla de 8 polgadas con resolución 1280 x 800 píxeles e relación de tamaño 16:10. Vén con procesador Intel Atom X3 de catro núcleos e versións de 1 / 2 GB de RAM e 8 ou 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD. As cámaras son de 8 e 5 megapíxeles, a batería de 4000 mAh e xunto a ela comercialízanse fundas especiais, como a Power Cover (que lle aportan até 14 horas de autonomía extra) ou a Audio Cover (que engade altofalantes con son 5.1 DTS-HD e 5 horas de batería extra.

ZenPadS80

Por outra banda temos a ZenPad S destaca por ser a primeira tablet Android en contar con 4 GB de RAM e incorporar o USB type C. Ten unha pantalla de 8 polgadas (2048 x 1536, relación 4:3), procesador Intel Atom 3580 Moorefield de catro núcleos a 2,3 GHz, opcións de 16, 32 ou 64 GB ampliábeis por microSD de até 128 GB, cámaras de 8 e 5 megapíxeles e Android 5.0 Lollipop como sistema operativo.

Asus Zenfone Selfie, con cámaras de 13 megapíxeles

Finalmente, quedaba un smartphone. Seguindo coa moda dos selfies (ou autorretratos), Asus anunciou o Zenfone Selfie, cunha cámara frontal de 13 megapíxeles pensada para que se consigan os mellores resultados.

650_1200 1

O resto de características son as dun gama media: pantalla FullHD de 5,5 polgadas (con protección Gorilla Glass) e procesador SnapDragon 615. Como diciamos, ambas cámaras son de 13 megapíxeles, mais diferentes, pois a frontal ten uunha apertura d/2.2 e unha lente de 24 mm e a traseira vén con apertura f/2.0 e 28 mm.

Con todos estes novos trebellos Asus está preparada para afrontar os próximos meses. Agora queda agardar a que fagan públicos os prezos e datas de dispoñibilidade. Que vos parecen?

No Responses

Deixa un Comentario