Movistar anuncia a chegada da voz en HD a Vigo

movistar

Tras completar o despregamento da súa rede 4G en Vigo o pasado mes de marzo, Movistar vén de anunciar a chegada da voz móbil en alta definición á cidade olívica, logo de instalar os correspondentes codificadores en todas as estacións base (antenas).

Estes aparellos levan incorporados uns filtros que seleccionan só as emisións nas frecuencias entre os 80 Hz e os 14 kHz (entre as que están a voz humana), o que mellora sustancialmente a calidade da audición ao separar esta do ruído ambiental.

A cobertura para voz en alta definición serve tanto para 3G como para 4G, aínda que só poderán disfrutar dela as clientas con smartphones de última xeración. Con todo, a percepción desta calidade na audición tamén depende de outros factores, como a densidade de tráfico de voz ou a distancia á estación base. A compañía estima que, tendo en conta todos estes factores, nun primeiro momento só o 10% da clientela viguesa poderá disfrutar destas novidades, aínda que esta cifra irá medrando segundo se vaia actualizando o parque móbil.

Deixa un Comentario