Corrupt Mayor, o paraíso dos políticos corruptos

Corrupt Mayor 07

Quedan apenas seis días para que as concelleiras eleitas nas eleccións municipais tomen posesión dos seus cagos tras as eleccións do 24 de maio dando pé a novas coorporacións e alcaldías. Por iso non podía ser máis axeitado falarvos deste xogo, que non deixa de ser unha crítica á toda esta chea de políticos corruptos que vemos cada día nas novas do noso país.

O xogo chámase Corrupt Mayor e que nos propoñen é poñernos na pel dun alcalde corrupto que ten como único obxectivo xenerar cartos e non precisamente dun xeito legal. Para isto o que facemos el premer sobre o billete comezando a acumular billetes cos que poder ir facendo “as nosas cousas”. Por exemplo destacamos: amañar votos, recibir subornos, mercar á policía, delitos urbanísticos… Vamos o pan noso de cada día.

Corrupt Mayor 05

Unha vez que imos desbloqueando níveis, por así decilo, podemos multiplicar os efectos. Así, por exemplo, se non temos reparos nos temas dos desafiuzamentos, podemos xerar unha cantidade 2000$/segundo tendo 10 procesos abertos, pero se temos 11 poderemos xenerar 2100$/segundo e así dun xeito expoñencial. E dicir, o paraíso de calquera político corrupto.

Screenshot_2015-05-12-17-13-26

Screenshot_2015-05-12-17-13-41

Ao comezo do xogo imos xenerando cartos cun billete de 1$ pero ao ir avanzando podemos acelerar a creación de cartos con billetes de 5, 10, 20, 50$,… Ademáis neste proceso, imos coñecendo que se lle pode presentar a calquera político corrupto…

Corrupt Mayor 02

Corrupt Mayor 03

Por exemplo, tal e como vemos na captura, temos que elixir entre facer as cousas ben ou non. Canto peor as facemos, máis podemos gañar pero ollo non sempre ocorre así e ás veces, tamén perdemos.

Cos cartos que imos conseguindo, no apartado de “melloras” teremos acceso a aumentar o valor do billete, aumentar o benefecio, maiores ganancias por segundo, … Todo cun único fin, ser o mellor corrupto da contorna 😉

Corrupt Mayor 06

Como vos diciamos ao comezo, é unha boa crítica á situación actual. Se vos interesa probar este xogo, podedes descargalo de balde na Play Store.

Sobre o autor

Reply