Movistar leva fibra óptica ao 76% da poboación da Coruña e voz móbil HD a Ourense

movistar

Movistar segue dando mostras da forte aposta por Galiza que está a levar a cabo nos últimos meses con dous importantes anuncios, un relativo á fibra óptica e outro ao servizo de telefonía móbil.

No que ten a ver coa fibra, a compañía vén de anunciar que 121.600 vivendas (unhas 185.000 persoas) da Coruña xa teñen acceso á rede de fibra óptica de Movistar, o que supón arredor do 76% da poboación municipal. Esta xente pode disfrutar de conexións de 100 Mbps, que  poderán ampliarse gratuitamente a 300 Mbps nas próximas semanas, superando os 200 Mbps de máximo que ofrece R, principal competidor.

Para levar a cabo os traballos de despregamento de rede contratáronse preto de medio millar de persoas e se empregaron conducións xa existentes para reducir ao máximo as obras a pé de rúa, minimizando as molestias ás veciñas e veciños.

Por outra banda, a compañía anuncia a chegada da voz móbil en alta definición a Ourense, tras ter instalado codificadores en todas as estacións base da cidade. Grazas a estes aparellos que illan a voz humana do ruído ambiental, mellórase sustancialmente a calidade das chamadas.

Sobre o autor

Reply