SX90, SX100 e Zielo ZX-900, os novos trebellos octacore de Woxter

Woxter vén de anunciar estes días tres novos trebellos que incorpora ao seu catálogo e que teñen en común contar con procesadores de oito núcleos. Trátase das tablets SX 90 e SX 100 e  o smartphone ZX-900. Todos eles son dispositivos económicos e veñen (incomprensibelmente a estas alturas) con Android 4.4.4 KitKat, que con toda seguridade non será actualizado.

SX 90

sx90funda20

A SX 90 é unha tablet de entrada. Ten unha pantalla de 9 polgadas con formato 16:) e resolución 1024 x 600 píxeles. No seu interior conta cun procesador de oito núcleos a 2 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD noutros 32 GB extra) e dobre cámara, a principal de 2 megapíxeles.

Custa 119 euros e, xunto a ela comercialízase unha funda protectora que está dispoñíbel en catro cores: negro, rosa, verde e azul.

SX 100

SX-100-Frontal

Pola súa banda, a SX 10 comparte todo o equipamento interior da SX 90, sendo a única diferenza a pantalla, que pasa a ser de 10.1 polgadas, aínda que mantendo ratio e píxeles. Pódese adquirir por 129 € en catro cores (rosa, azul, verde e negro), a xogo con 4 fundas exclusivas nas mesmas cores que se venden por separado.

ZX 900

ZX900HD4G-pink

Finalmente, toca falarmos dun smartphone, o Zielo ZX-900, o primeiro terminal da compañía en contar con conectividade 4G. Incorpora un procesador octacore MediaTek 6753, con catro núcleos a 1,3 GHz e catro a 1,5 GHz, que vai acompañado de 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis con tarxetas microSD de aaté 64 GB.

A pantalla é un panel IPS de 5 polgadas (1280 x 720 píxeles) e as cámaras de 14 e 8 megapíxeles, para traseira e frontal respectivamente. Integra ranura dual SIM, polo que podemos empregar dúas liñas de teléfono no mesmo dispositivo.

Está dispoñíbel en 3 cores (branco, negro e rosa) por 219 euros.

Sobre o autor

Reply