Esta versión de Facebook, coñecida como Facebook Lite xa a podemos descargar e ten como característica principal a seu peso reducido: só ocupa 1 mega.
Esta versión está pensada principalmente para países emerxentes caracterizados por conexións lentas e terminais pouco potentes (ou antigos, con poucos recursos). Malía que este era o espíritu orixinal desta versión vén de abrirse a máis mercados e con ela poderemos acceder á maioría das funcións da rede social. Ademáis con esta app, poderemos mandar mensaxes de chat sen ter que ter instalado Facebook Messenger.
Como vos diciamos, podemos descargar Facebook Lite dende está ligazón á Play Store.