Cargar o móbil coa forza da auga, máis preto con Blue Freedom

Blue Freedom é un proxecto nado en Kickstarter que consiste nun sistema de carga que aproveita a forza da auga para xerar electricidade cunha potencia de 5 vatios, que chega para cargar un smartphone ou algún que outro trebello que poidamos conectar por USB.

blue freedom

Incorpora unha batería interna de 5000 mAh para almacenar a enerxía, evitando así correr o risco de que o noso smartphone acabe na auga. Segundo din, nunha hora produce electricidade abonda para facer funcionar o móbil durante unhas 10 horas (aínda que obviamente dependerá de moitos factores, como o propio móbil ou o uso que se lle dea a este).

Se vos interesa o trebello, pódese facer xa a precompra, aínda que non o recibiremos até o 10 de decembro. O que si, o prezo é pouco atractivo, pois custa 319 dólares.

Deixa un Comentario