Mininovas Android: a malla da semana

Nokia volverá a fabricar smartphones

nokia

Este foi o anuncio que fixo esta semana a empresa finlandesa. Cada vez está máis preto o fin da restricción imposta por Microsoft que se fixa para finais de 2016, polo que Nokia esta se a preparar para voltar ao mercado dos smartphones con fabricación propia. Sen dúbida unha boa nova para as usuarias pois Nokia é un referente e agardamos que cumpra coas expectativas que se están a crear.

Google tamén celebra o día do Orgullo Gay

Google ven de anunciar un desfile de mascotas virtuais. Para isto, xa podemos crear a nosa mascota dende Androidify caracterizándoas especialmente para este día e enviala para que forme parte do desfile que está preparando a xente de Google.

O próximo Nexus será fabricado por Huawei

google nexus

Segundo un empregado do xigante chinés, Huawei será o fabricante do próximo smartphone de Google que se comercializa co nome Nexus.

Isto entra dentro do normal, seguindo coa política de Google de agasallar aos fabricantes que elixen Android como OS para os seus productos. Se no pasado xa fabricaron membros da familia Nexus empresas coma HTC, Samsung, LG e Motorola, desta volta tócalle a Huawei.

Twitter vai permitir a reprodución de video automáticamente

twitter-logo

Pois si, ao igual que pasa en Facebook, Twitter vén de incorporar unha nova funcionalidade: permitirase a reproducción automática de vídeo a medida que percorremos o noso timeline. Por se non nos gusta isto, poderemos acceder á configuración e impedir que a app faga esta reproducción.

Polo de agora non está dispoñíbel para o cliente oficial de Android pero chegará, como eles mesmos din, “proximamente”.

Fujitsu imcorpora autentificación a través do iris

Fujitsu vén de lanzar ao mercado xaponés un flagship que ten como principal atractivo a autenticación a través do iris do noso ollo. Eles son os primeiros en poñer no mercado esta tecnoloxía deseñada pola empresa NTT DoCoMo pero estamos seguros de que é a evolución lóxica á autentifación coa pegada datilar polo non tardará en chegar a outros fabricantes.

Unha Blackberry con Android?

BlackBerry-Logo

Todo apunta a que neste mes de Agosto lanzarase unha nova Blackberry orientada a mercados emerxentes, que ten como característica principal a presenza de Android no seu interior, deixando de lado o seu característico OS.

Non sabemos se é o primeiro paso dun cambio definivo de sistema operativo ou só unha proba ao máis puro estilo Nokia X.

Un pouco de movemento nunca ven mal, ou? 😉

Deixa un Comentario