Este sería o deseño das Google Glass 2

google glass 2

Levamos moito tempo sen termos novas das Google Glass, algo que nos mantén intrigados logo daquel anuncio con sabor a despedida ou, cando menos, a un novo ritmo para o proxecto.

Agora, medio ano despois dese anuncio, coñecemos un novo deseño rexistrado que podería ser moi semellante (ou tal cal?) ao final das Google Glass 2.

google-glass-2

Como podedes apreciar, os cambios vense a simple vista, apostando por un deseño totalmente renovado e moito máis discreto. E é que sen dúbida o aspecto estético foi o que menos gustou da versión orixinal, pois malia os intentos de facer versións máis atractivas, na práctica non había forma de agochar a patilla dereita, na que se agocha todo o hardware do trebello.

Agora queda agardar novas oficiais por parte do equipo de desarrollo de Google Glass, que por certo, segue medrando tras as últimas contratacións de persoal. Será antes de que remate o ano cando teñamos á venda unha versión comercial?

Sobre o autor

Reply