Microsoft Word, Excel e Power Point xa dispoñíbeis na Play Store

Malia que xa puidemos probar as súas versións beta, por fin faise oficial a chegada das ferramentas ofimáticas de Microsoft á Play Store, polo que xa podemos descargar gratuitamente Word, Excel e Power Point para os nosos smartphones ou tablets.

O paquete Office é un dos mellor valorados polas súas funcionalidades, polo que Microsoft decidiu poñelos a disposición de todo o mundo sen ter que pagar, coa idea de se convertir en ferramentas coas que crear e editar os nosos documentos en mobilidade e facilitando o seu almacenamento na nube, ao contar con integración con OneDrive, Dropbox, Google Drive e Box.

office

Con todo, cómpre sinalar que algunhas funcionalidades non están dispoñíbeis para todo o mundo, a menos que se dispoña dunha conta Office 365, que dá acceso a todos os servizos de Microsoft.

As aplicacións pódense baixar de forma independentemente desde a Play Store: WordExcelPower Point

Deixa un Comentario