O OnePlus 2 presentarase o 27 de xullo e virá con USB-C

one plus xullo 2015

Son xa moitos meses de rumores e especulacións, máis por fin temos unha data para a presentación do OnePlus 2: será o 27 de xullo ás 04.00h (hora galega).

Mais se cadra, o relevante non é tanto a presentación en si (que tamén), senón a posta en escena da mesma, xa que se retransmitirá en streaming a 360º, para poder seguilo a través de cardboard e termos a sensación de estar aló, malia disfrutala desde a nosa casa. Para que non teña uns lentes destes, regalarán unha cantidade descoñecida deles (só haberá que pagar os gastos de envío), para o que se debe visitar esta páxina.

oneplus-2-usb-4

Entre as novidades deste trebello está a presenza do USB – C, algo que se comentou moito e se confirmou ao aparecer a imaxe que publica MyDrivers do cable que virá co teléfono.

Deixa un Comentario