Probamos nube R, o servizo de almacenaxe na nube da operadora galega

A operadora galega R vén de pór en marcha un novo servizo de almacenaxe na nube chamado nube R, perfilándose como alternativa a servizos como Dropbox, OneDrive ou Google Drive.

nube R caracteristicas

nube R está dispoñíbel para traballar tanto desde a páxina web, como a través das súas aplicacións de escritorio (Windows / Mac) ou móbil (Android / iOS / BlackBerry). A versión de escritorio funciona de xeito semellante a Dropbox, creando un cartafol compartido no que todo o que metamos nel subirá automaticamente á nosa nube privada.

nube R web

En canto á aplicación móbil, esta permite por unha banda subir ou descargar calquera arquivo e, por outro lado, facer back up automáticos. Neste senso, poderemos seleccionar se queremos que, por exemplo, as nosas fotos se suban directamente ao conectármonos a unha rede WiFi ou tamén a través dos datos, ademais de facer back up dos nosos contactos.

nube R app

Ademais, crea un acceso directo no menú de compartir, facéndo máis doado seleccionar arquivos que queremos subir á nube de R desde o noso smartphone ou tablet.

nube R ofrece 25 GB de almacenaxe por 1 € / mes, e para poder contratalo é necesario ser cliente do servizo móbil. Pódese facer desde esta ligazón.

Sobre o autor

No Responses

Reply