Almacenaxe na nube: cal é o mellor servizo?

aplicacions nube

O venres pasado R anunciou o lanzamento de nube R, un servizo de almacenaxe na nube para a clientela con servizo de móbil da compañía. Aproveitando a ocasión, pensamos que era bo realizar un artigo comparando as diferentes alternativas que existen, diferenciando os servizos que ofrecen as operadoras de outros coñecidos sistemas, como Dropbox. Isto foi o que atopamos.

Nubes de operadoras

R, Vodafone, Orange e Movistar son as catro grandes operadoras que ofrecen un servizo de almacenaxe na nube aos seus clientes. Todos eles son moi semellantes en canto a funcionalidades que inclúen, cunha aplicación específica que permite configurar o gardado automático de fotos e contactos, aínda que Orange ten un plus de ofrecer 500 MB de datos adicionais sobre a tarifa para tarefas de sincronización co servizo.

Os prezos e opcións que ofrecen resúmense nas seguintes táboas, nas que os prezos xa inclúen o IVE. Destaca especialmente o bo prezo da opción ilimitada de Movistar, que pode ser moi interesante para aquelas persoas cunha gran dependencia deste tipo de servizos.

NubeR
25 GB
1€/mes

 

Vodafone
5 GB 10 GB 30 GB 60 GB
Gratuitos 1,21€/mes 3,63€/mes 7,26 €/mes

 

Orange
25 GB 25 GB 100 GB
Gratuítos* 2,42 € / mes 6,05 €/mes

*A gratuidade da opción de 25 GB con Orange aplícase unicamente aos 150.000 primeiros clientes que contraten este servizo e teñan algunha destas tarifas.

Movistar
20 GB 100 GB Ilimitado
1 € / mes 2 € / mes 5 €/mes

Outros servizos de almacenaxe na nube

Ademais dos servizos que ofrecen as operadoras non podemos esquecer outros de gran relevancia como Dropbox, o pioneiro e quizais un dos máis coñecidos. Porén, tamén temos que ter en conta outras alternativas que existen. Por poñer un par de exemplos, quedámonos coas de Google e Microsoft. Estes son os seus prezos.

Dropbox
Conta básica (2 GB) Dropbox Pro (1 TB (1024 GB))
Gratuitos** 9,99€/mes

**Os 2 GB gratuítos de Dropbox poden verse ampliados se convidamos a outras persoas, somos estudantes, facemos unha serie de seguementos en redes sociais, temos algún dispositivo dunha marca concreta con acordo…

Google Drive
15 GB 100 GB 1 TB 10 TB 20 TB 30 TB
Gratis 1,99 €/mes 9,99 €/mes 99,99 €/mes 199,99 €/mes 299,99 €/mes

A todas estas opcións de Google Drive hai que sumar que desde hai unhas semanas Google ofrece almacenaxe ilimitada para fotografías a través de Google Photos, até un máximo de 16 Mpx de calidade.

OneDrive
15 GB 100 GB 200 GB 1 TB
Gratuitos 1,99€/mes 3,99€/mes 7€/mes (inclúe Oficce 365)

Como podedes ver son moitas as opcións dispoñíbeis para gardar os nosos datos na nube. Se estamos a pensar en escoller un ou outro debemos pensar para que o precisamos, se queremos saber onde se almacenan os nosos datos (punto para as operadoras locais), se nos interesa máis o prezo (punto para os grandes servizos americanos), etc.

Con cal vos quedades?

About The Author

One Response

  1. daniel 29 Xuño, 2015 Responder

Reply