O 4G de Ocean’s dispoñíbel a partires de setembro

A OMV galega Ocean’s ven de anunciar que para este próximo des de setembro vai ser quen de ofrecer velocidades 4G aos seus clientes. Esta nova velocidade de subida e baixada poderana desfrutar tanto os clientes de empresa coma particulares. Non esquezamos que o 4G de Ocean’s estará asociado tanto á telefonía móbil (tarifas Tierra e Xpyme) coma aos productos de converxencia, fixo, móbil e internet (Ocean’s Más e Ocean’s Engloba) que ofrece a compañía.

Un punto a ter moi en conta, é que esta importante mellora non vai acompañada dun aumento no prezo dos servizos contratados, se non que se aplicará a todos os seus clientes de balde.

oceans 4g

Ocean’s quere ademáis quere diferenzarse e para iso tamén presenta unha nova mascota que se chama Cheetah que é un guepardo e serve para identificar aos productos que poden ser contratados e permitan velocidades 4G.

Estaremos atentos a este lanzamento e ás vindeiras novidades que chegarán segundo asegura dende a propia Ocean’s para mellorar os servizos de telefonía móbil.

Sobre o autor

No Responses

Reply