Acer Chromebase, estas son as súas características

acer chromebase

Acer volve apostar por ChromeOS, o sistema operativo de Google baseado no navegador Chrome. Desta vez non falamos dun portátil, senón dun trebello de escritorio, o Acer Chromebase, que se pon á venda este mes de xullo nos Estados Unidos por pouco máis de 400 dólares, aínda que de seguro teremos que agardar uns meses para saber da súa presenza no noso país.

Incorpora unha pantalla táctil FullHD de 21,5 polgadas, e no seu interior un procesador Tegra K1 de NVIDIA, 4 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna. Así mesmo, dispón dunha cámara web HD e altofalantes de 3W.

No que ten a ver coa conectividade e portos atopámonos cun HDMI, USB 3.0, USB 2.0 e slot para tarxetas microSD coas que ampliar memoria.

Comercializarase en dúas cores (branco e negro) por 430 dólares, aínda que na web da compañía tamén podemos atopar unha versión sen pantalla táctil 100 dólares máis económica, que moitas agradecerán.

Que vos parecen este tipo de dispositivos? Considerades que son abondos para usuarios coma vós?

Sobre o autor

Reply