Movistar reforza a rede no Val Miñor, Morrazo, Salnés e Vigo para respostar á demanda estival

antena mobil

Movistar vén de anunciar un sustancial reforzo da súa rede móbil nas comarcas do Val Miñor, O Morrazo, O Salnés e Vigo para dar resposta ao incremento da demanda de voz e datos derivada da masiva afluencia de visitantes nos meses do verán.

A medida englóbase no Plan Especial de Capacidade de Verán que a compañía puxo en marcha a finais do pasado mes de xuño, e que supuxo un investimento de arredor dun millón de euros nestas áreas de Pontevedra. Máis polo miúdo, as estacións base que aumentan a súa capacidade sitúanse nos concellos de Baiona, Nigrán, Panxón, Bueu, Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa, Cambados, A Illa de Arousa e Vigo.

Tamén se contemplan actuacións na comarca da Mariña lucense e nas de Bergantiños, Betanzos, Eume, Ferrol e A Coruña, ademais de algúns puntos no interior das provincias de Ourense e da Coruña.

Sobre o autor

Reply