Casio fabricará o seu propio smartwatch, pero non o veremos até marzo

casio smartwatch

O crecente interese das usuarias polos smartwatches está a provocar movementos entre os tradicionais fabricantes de reloxos. Se hai unhas semanas soubemos do interese de Tag Heuer, agora é Casio quen move ficha anunciando a través do seu presidente, Kazuhiro Kashio, que lanzará o seu propio reloxo intelixente en marzo de 2016.

Con tantos meses por diante é complicado facer unha previsión de como podería ser este reloxo, tanto no que ten a ver co deseño como nas súas especificacións e funcionalidades, aínda que tendo en conta a amplísima experiencia desta marca en canto a reloxos con funcionalidades que van máis aló de dar a hora poderíamos agardar “algo máis”.

Todo apunta a que o trebello custará uns 400 euros e lanzarase primeiramente nos Estados Unidos e no Xapón, aínda que sería bastante probábel que aparecese tamén en varios países de Europa.

Deixa un Comentario