Yoigo tamén ten 300 megas de fibra

Cando Movistar subiu a velocidade da fibra aos seus clientes fai un tempo, a pregunta era: cando se aplicará esta mellora a Yoigo? Ese momento chegou xa, e podemos atopala dentro do paquete “Fusión a lo Yoigo”.

Esta actualización de velocidade non foi publicitada pola empresa, pois neste apartado e ao depender completamente de Movistar, non son tan competitivos como lles gustaría. Malia todo, xa están en condicións de ofrecer a mesma velocidade ca Vodafone, Euskaltel ou mesma Movistar.

yoigo 300 mbps

Por 74,19€ podedes desfrutar de:

  • Liña móbil con chamadas ilimitadas en minutos a móbiles e fixos nacionais e 1 GB de datos con 4G.
  • Liña Fixa que inclúe a cuotra da liña e chamadas a fixos nacionais de balde. Ademáis temos 500min/mes a móbiles nacionais nas fins de semana e 50min/mes de luns a venres.
  • E 300 Mbps de fibra.

Nesta ligazón tedes información máis polo miúdo.

Deixa un Comentario