Probamos o Huawei P8 Lite

Durantes estes últimos días estivemos provando o Huawei P8 Lite, o irmán menor Huawei P8.

Huawei P8 Lite 04

Como todas estas versións alixeiradas, vemos todas as súas características recurtadas se as comparamos coas versións superiores. Este P8 Lite é un terminal delgado e lixeiro que se leva ben na man grazas ás súas dimensións (143 x 70.6 x 7.7 mm). Temos que ter en conta que é un terminal unibody polo que non poderemos extraer a batería dun xeito sinxelo.

Huawei P8 Lite 06

Na parte superior temos o conector mini jack para os auriculares, na parte inferior o conector micro usb e o altafalante. Á dereita está o bontón de encendido e subir/baixar volume ademáis dos slots para microSD, nanoSIM e microSIM.

Hardware e conectividade

No apartado de hardware destacamos o seu procesador de fabricación propia, o Kirin 620, un octacore de 64 bits a 1,2 Ghz que se ve acompañado de 2 gigas de ram. A súa pantalla é de 5″ a 720p.

En canto á conectividade, destacamos os seus dous slots para empregar dúas sims ao tempo. Unha delas microSIM e a outra nanoSIM. Ademáis o slot da tarxeta nano, podemos empregala para introducir unha tarxeta microSD de até 128 gigas. Tamén contamos con LTE Cat.4, NFC, WifiDirect, GPS, A-GPS e Glonass.

Cámara e multimedia

Huawei P8 Lite 05

No apartado da cámara destacamos o sensor principal de 13 mpx que nos ofrece os seguintes resultados:

Como vemos, sácanos do apuro e cumpre á perfección se imos publicar as nosas fotos en redes sociais. O sensor dianteiro é de 5 mpx que nos permite facer bos selfies, agora que están tan de moda.

No apartado multimedia destacamos a calidade do son, que nota especialmente á hora de reproducir vídeos. Ademáis, tendo en conta do tipo de terminal que estamos a falar, podemos dicir que a calidade da pantalla é boa, conseguindo unha experiencia multimedia satisfactoria.

Software

Este Huawei ben con Android 5.0 Lollipop personalizado profundamente pola recoñecida Emotion UI 3.1. Esta capa ten algunhas características moi diferenciadoras pois non ten box de aplicacións se non que están todas nos escritorios o que supón un traballo extra inicial para poñelo todo ao noso gusto.

Rendemento e Conclusións

O procesador Kirin 620 permite ter unha boa velocidade nas transicións e lanzamento de aplicacións destacando a ausenxa de lags nos días que o estivemos probando. Agora ben os tempos de carga de xogos ou apps, nótanse algo superiores respecto a outros procesadores máis potentes, iso sí, sen chegar a ser unha eiva importante.

A batería ten unha capacidade de 2200 mAh que nos da case 4h de pantalla e permítenos chegar ao final do día sen problema.

Huawei P8 Lite 07

Como resumo podemos dicir que este Huawei P8 Lite que ten un prezo aproximado de 240 euros, pode ser unha opción a ter en conta se buscamos un terminal de gama media.

Sobre o autor

Reply