Canto de grande é Samsung?

Samsung é unha das empresas máis relevantes do mundo e aínda que cando nos falan dela adoitamos pensar en trebellos, televisores e electrodomésticos, o certo é que a compañía adícase a unha chea de cousas que, de seguro, sorprenderán a moitas persoas.

O documental que compartivos hoxe con vós percorre a historia da compañía desde as súas orixes no 1938, cando a súa actividade principal era a exportanción de alimentos, aínda que sen dúbida un fito importante foi no 1969, momento no que comezaron a fabricar as primeiras televisores en branco e negro.

Hoxe en día representan o 17% do PIB de Corea e se adican a case todo: enxeñaría, construcción, naval, electrónica, finanzas, química, márketing, hostelería, sector automobilístico, militar… e mesmo teñen un parque de atraccións chamado Samsung Everland.

Como vos quedades despois de ver todo isto? Xa o sabiades?

Deixa un Comentario