Con Phone Sharing de .Tuenti xa non dependemos da SIM para facer chamadas

Queremos falarvos de Phone Sharing. Este servizo de .Tuenti permítenos non depender da tarxeta SIM para facer chamadas dende a nosa liña. Facendo Phone Sharing podemos facer chamadas nacionais ou internacionais e ter acceso á axenda dende calquera terminal ou ordenador.

Os clientes de compañía só teñen que entrar na app de .Tuenti cos seus datos desde calquera dispositivo e comezar a desfrutar do servizo, que está pensado para situacións concretas. Así, por exemplo, se quedamos sen batería podemos pedirlle o móbil a unha amiga e facer unha chamada urxente, ou se imos á praia podemos levar un único dispositivo como unha tableta na que pasar o tempo lendo e sen renunciar a facer chamadas. Do mesmo xeito, se estamos traballando no PC podemos facer chamadas directamente dende o ordenador, sen termos que pensar onde temos o teléfono.

Sen dúbida unha boa nova, pois pensamos que a estas alturas depender dunha SIM non ten xeito ningún e cremos que é o exemplo que deben seguir o resto de operadoras.

Usaríades un servizo deste estilo?

Deixa un Comentario